XESTORIA MUIÑO.  Trazo (A Coruña)
Inicio
Servicios
A nosa empresa
Xestoría Admtva.
Fiscalidade
Contabilidade
Laboral
Así nos atopará
Foro
Contacto

XESTORIA MUIÑO foi creada por José Luis Muiño Castro, Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela na promoción do ano 2000. Así mesmo obtivo o título de Xestor Administrativo no ano 2009, expedido pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, e no seu nome, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia. Tamén dispón do título de Administrador de Fincas, pertencente o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de A Coruña.

 

Esta ampla formación, unida a seis anos de experiencia no asesoramento de empresas, contribúen a ofrecer os nosos clientes un servizo de calidade, para o cal o uso das novas tecnoloxías é primordial.

 

Dende o inicio tentamos usar na medida do posible as opcións das Administración Públicas para  traballar a través de Internet, e evitar o desprazamento físico ó lugar onde hai que realizar un trámite. Con isto pretendemos que os nosos clientes aforren tempo e custos, e se poidan dedicar a súa actividade propia, deixando os temas administrativos nas nosas mans.

 

Os nosos servizos están dirixidos tanto a empresas como a particulares. En concreto ofrecemos os seguintes:

 

 

Se desexa algún servizo adicional, pode poñerse en contacto connosco neste enlace e tentaremos adaptarnos as súas necesidades.

 

AVISO LEGAL

 

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informase ós destinatarios dos servizos ofertados nesta Web e ós órganos competentes, que o sitio www.xestoria.es é titularidade de José Luís Muiño Castro con N.I.F. 34.899.123-G, con domicilio social en  Trazo, Lg. Viaño Pequeno, 37. Baixo, provincia de A Coruña.

Teléfono de contacto: 981 68 93 05. E-mail: muino@xestoria.es

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, José Luís Muiño Castro comunica que:

1. Con relación ós datos persoais que se poidan aportar a través das funcionalidades de este sitio Web, tales datos serán incluídos nun ficheiro titularidade de José Luís Muiño Castro coa única finalidade de xestionar os datos dos usuarios a efectos de manter a relación comercial e posibilitar eventuais comunicacións. Igualmente, José Luís Muiño Castro poderá tratar os datos para realizar envíos publicitarios e de información comercial, por diferentes medios inclusive os electrónicos, acerca da empresa, as súas actividades, produtos e servizos.

2. Para o envío de newsletters e comunicacións análogas, José Luís Muiño Castro utiliza tanto os datos obtidos a través del Sitio Web, como outras bases de datos propias que teñen entre as súas finalidades a de realización de tales envíos, sempre tomando en consideración os requirimentos da citada Lei Orgánica.

3. Cando os datos persoais sexan recabados a través do formulario, será necesario aportar, polo menos, aqueles marcados con un asterisco, en outro caso José Luís Muiño Castro non poderá aceptar e xestionar o cumprimento de relación establecida.

4. Para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos, deberase remitir escrito identificado coa referencia “Protección de Datos” a Lg. Viaño Pequeno, 37. Baixo, Trazo, provincia de A Coruña

5. No momento que se aporten datos, poderase manifestar o desexo de NON recibir comunicacións comerciais electrónicas por parte de José Luís Muiño Castro. Se non se desexa recibir comunicacións comerciais electrónicas, no futuro, poderase manifestar tal desexo a través da dirección postal xa indicada.

muino@xestoria.es